sábado, 22 de marzo de 2014




Expo MeteoroEXPOMETEORO.




No pasado mes de Febreiro,contamos no noso centro coa exposición EXPOMETEORO
Está formada por doce paneis e gracias a eles, os nosos alumnos aprenderon cousas tan interesantes coma que non é o mesmo o tempo e o clima, ou que se coñece o clima da Terra dende miles de anos antes que nós. Evidentemente, non coa mesma precisión coa que se coñece hoxe en día.




 

Xa vedes que os rapaces da ESO deron boa conta de toda esta información.





















Por si vos quedou algunha cousa por ver,aquí vos deixo o enlace onde podedes atopar máis información sobre Expometeoro.


http://www.meteogalicia.es/web/formacion/expo1.action

lunes, 10 de marzo de 2014


A meteoroloxía é unha ciencia especialmente visible, é dicir,pódese comprobar e sentir día a día. Isto fai que sexa idónea para introducir ós alumnos no coñecemento científico.

San Vicente do Grove, situado na parte sur da península do Grove, ten unhas características climáticas particulares debido a este emprazamento tan peculiar.


A necesidade de rexistrar os datos relativos a esta localidade é clara para coñecer de forma  máis profunda o clima galego