lunes, 28 de abril de 2014

VISITA A METEOGALICIA.

Para empezar ben este mes de augas mil, fixemos unha viaxe ata Santiago.
O noso obxectivo principal era visitar as instalacións de Meteogalicia  en San Lázaro.
Así que ás 8.30 da mañá collemos o bus e para para alá marchamos.


O día non prometía moita ledicia, climatolóxicamente falando. Pero iso non ía asustarnos.
Con moi bo ánimo iniciamos a nosa visita a iso das 10 da mañá.


Unha vez dentro,  recibironos con moita amabilidade e  amosaronos unha sala dende donde atenden aos numerosos medios de comunicación que requiren infomación ó longo da mañá.
Dispoñen de varias pantallas donde están recibindo constantemente información que procende de distintas cámaras repartidas por distintos puntos da comunidade.







Despois pasamos a unha sala de reunións, onde nos mostraron as diferencias entre climo e meteoroloxía, e nos falaron de algúns fenómenos atmosféricos, como as treboadas ou os tornados.







E xa para rematar a visita a Meteogalicia, nos amosaron algúns aparellos que se utilizan para facer algunhas medicións. Eso si, algúns deles xa tiñan algúns anos.


Estando onde estabamos, non podíamos marchar sin preguntar qué tempo nos acompañaría durante todo o día. Choiva, choiva e maís choiva. Eso nos dixeron
 Saímos de alí coa esperanza de que, polo menos esta vez, as predicción fallasen.
Pero... o certo é que xa non deixamos o paraugas en todo o día.




Así que " a mal tempo, boa cara".
 Aproveitamos a viaxe para coñecer algo do Santiago medieval.




      Percorremos as súas rúas e rematamos o día visitando a catedral. Pero non foi unha visita normal. Ademáis do Pórtico da Gloria, que xa coñecíamos, tamen subimos ó tellado da Catedral.                                                                                                                                        



Ahí rematamos o día. A pesares da choiva... pasamolo ben e aprendimos unha chea de cousas.
E ademáis aparecimos en algún xornal.Que ilusión nos fixo !!